Os Señores de Salem

0
149

O cantante e director de cinema Rob Zombie escribirá o guión e dirixirá a longametraxe The Lords of Salem para a Haunted Films.

A história está ambientada na actualidade en Salem, Massachusetts, onde unhas bruxas de 300 anos de antigüidade están a enmeigar a vila. O título procede dunha canzón do mesmo Rob Zombie, do seu álbum Educated Horses.

Zombie xa tentara con anterioridade crear un cómic co tema de Lords of Salem xunto ao creador de 30 Days of Night, Steve Niles, pero os seus esforzos non chegaron a bó porto. Os produtores de Paranormal Activity, Jason Blum, Steven Schneider e Oren Peli farán a mesma laboura neste novo proxecto do líder da banda dos White Zombies.