O Escuro Divino

0
154

Ralph Winter (X-Men) e Terry Botwick veñen de adquirir os dereitos para o cinema sobre unha série de tres novelas para adolescentes da escritora Bree Despain e planean xa producir unha longametraxe a través da súa compañía, a 1019 Entertainment.

A primeira novela, The Dark Divine, céntra-se na filla de 16 anos dun pastor que se namora dun rapaz que resulta ser un lobishome. A segunda novela, The Lost Saint, aparecerá nos andéis das librarías a finais deste ano.

Whitney Thomas tamén estará na produción.