Del Toro caza trolls

0
237

O director de O Labirinto de Pan e Hellboy, Guillermo del Toro, escribirá o guión e dirixirá Trollhunters, a nova longametraxe da DreamWorks Animation.

A história está baseada nun libro para adolescentes que o mesmo del Toro enviou á editorial Hyperion hai un par de semanas, unha narración que “combina os contos de fadas cos tempos modernos e vai sobre o difícil que é ser un neno“, segundo o cineasta. “Normalmente, os nenos son idealizados nos filmes de debuxos animados. Pero as dóres de medrar, xunto coa noción de que hai un mundo aí fóra que está completamente plagado de creaturas misteriosas, cadra co resto das miñas histórias“, engadiu.

O proxecto está ainda a uns cantos anos de se facer realidade e del Toro tan só ven de escomezar a traballar no guión. O mexicano tamén está a traballar coma consultor e produtor executivo doutros proxectos do mesmo estudo, coma Kung Fu Panda 2, Puss in Boots e mesmo a vindeira Megamind.

Ademais, salientou que axiña poderá entregar un orzamento e un adianto á Universal para a súa adaptación da novela de H.P. Lovecraft Nas Montañas da Loucura, e que agarda poder conta coa aprobación dos estudos para continuar adiante.