Stephen Fry será Mycroft

776

Un dos millores actores ingleses da actualidade, Stephen Fry, seica confirmou nunha recente entrevista na emisora de rádio BBC 5 que ven de se unir ao reparto da vindeira secuela do éxito do ano pasado Sherlock Holmes, que dirixirá unha vez mais Guy Ritchie.

Fry asegurou que interpretaría a Mycroft Holmes, o irmán de Sherlock (Robert Downey Jr.) e que será unha peza chave dentro do governo británico. Nos libros, Mycroft non aparece nunca, pero é citado polo seu irán coma tan ou mais intelixente ca el mesmo, preferindo nombergantes ficar mais coma encargado de resolver problemas sen saír da casa.

Fry úne-se deste xeito a un reparto onde xa figuran Downey Jr. e Jude Law nos papeis de Holmes e o Dr. Watson respectivamente. Noomi Rapace, a protagonista da versión orixinal da triloxía Millenium sueca, foi tamén contratada para outro papel principal.

Así pois, tan só ficaría por saber quen será o malvado profesor James Moriarty. A rodaxe escomezará axiña en Inglaterra coa ideia de poder estrea no nadal do ano que ven.