Candidatos para Superman

875

Zack Snyder (300, Watchmen), Tony Scott (Deja Vu, Unstoppable), Matt Reeves (Cloverfield, Let Me In), Jonathan Liebesman (Battle: Los Angeles, Darkness Falls) e Duncan Jones (Moon, Source Code) son os candidatos para dirixir o relanzamento da franquía de Superman no cinema que a Warner Bros. Pictures e mais a Legendary Pictures están a preparar.

Christopher Nolan e Emma Thomas serán os produtores e encargarán-se de supervisar a nova encarnación do home de aceiro baseada nunha ideia orixinal do mesmo Nolan que David Goyer converteu nun guión.

Nolan leva tempo reuníndo-se con distintos candidatos e remitirá a súa decisión final aos estudos nas vindeiras semanas.