A directora de Boys Don’t Cry e Stop-Loss Kimberly Peirce ven de ser contratada para que se encargue da adaptación ao cinema do primeiro libro da série fantástica para adolescentes de Melissa Marr Wicked Lovely na Universal Pictures e na Wild West Picture Show Productions.
A história seica vai sobre unha rapaza, Aislinn, que leva toda a vida ollando fadas pouco amigábeis e que deberá ir contra todo o que lle aprenderon para poder-se enfrontar a un mundo que debe temer.
Caroline Thompson (A noiva cadáver) adaptará o guión. Os dous seguintes libros da série, Ink Exchange e Fragile Eternity, xa foron publicados, e o cuarto agárda-se para finais deste ano.