Moretz será Emily the Strange

637

Chloe Moretz (Kick Ass, Let Me In) será a encargada de lle dar vida á protagonista da adaptación ao cinema do persoaxe dos cómics da Dark Horse Emily The Strange na Universal Pictures.

Creada a princípios dos anos 90 por Rob Reger, o persoaxe non era mais ca un reclamo publicitário que aparecía nas pegatinas e nas etiquetas dunha marca de roupa, e cada vez foi conquistando mais e mais espazos dentro do merchandising até que en 2005 apareceu o primeiro cómic baseado nela. O filme relatará as orixes desta rapaza gótica e misteriosa e dos seus non menos misteriosos gatos.

Mike Richardson será o produtor, e polo de agora non hai un director nin un guionista vencellados ao proxecto.