Jackson contra os sindicatos do Hobbit

971

Por se non foran poucos xa, un novo problema ven de xurdir ao redor do filme d’O Hobbit, xa que esta pasada fin de semana os sete principais sindicatos que agrupan aos actores que participan no reparto aconsellaron aos seus afiliados que non continuasen traballando na produción en Nova Celándia porque os produtores “rexeitaron incluir aos actores nos acordos sindicais“, segundo un comunicado conxunto asinado polas asociacións de traballadores inglesas, a SAG (americana) e mais a australián MEAA.

O mesmo Peter Jackson tivo que emitir outro comunicado oficial rapidamente, no que dixo que a petición dos sindicatos para os seus afiliados é un “intento de se facer co poder” da MEAA e ameazou con levar-se a produción ao leste de Europa se os sindicatos non se pregan aos seus intereses. Ademais engaiu que os salários para os seus traballadores xa son “abondo xenerosos“.

Os principais estudos vencellados a esta macroprodución, a New Line, a Warner Bros. Pictures e mais a MGM, apoiaron de seguido a Jackson, noutro comunicado no que afirman que “non pode haber ningún acordo colectivo coa MEAA nesta produción novacelandesa, xa que face-lo expoñería á produtora a unha sanción das autoridades de Nova Celándia“.

Os estudos engadiron que debido á falla de seguridade respeito a se a produción pdoerá continuar sen problemas, a súa política xeral é “evitar facer rodaxes en lugares onde hai unha potencial inseguridade laboral ou outras formas de inestabilidade“. E que agora están a “explorar outras alternativas a fin de protexer os seus intereses empresariais“.