A ex-protagonista da série de TV Perdidos Maggie Grace e mais a actriz debutante de 9 anos Mackenzie Foy serán respectivamente Irina e Renesmee na vindeira entrega da saga vampírica de Twilight, Breaking Dawn que produce a Summit Entertainment.
Nos libros, Irina é unha membro do clan dos Denali, considerados curmán dos Cullen e xunto a eles, os únicos vampiros “vexetariáns” e orixe dos mitos dos súcubos. Cando Irina culpa aos Cullen pola morte do seu amante Laurent (Edi Gathegi) nos acontecementos de New Moon, as súas accións porán en marcha unha terríbel cadea de acontecementos.
Renesmee é a filla médio vampiro, médio humana de Bella e Edward, capaz de lér, falar, correr e cazar mesmo ainda que é un bebé. No decurso da história vai medrando e fai-se maior. O que acontecerá de seguido é o que nos agarda neste filme.
Bill Condon dirixe os dous filmes que están baseados na novela final da famosa saga de Stephenie Meyer. Melissa Rosenberg escribiu os dous guións, mentres que Wyck Godfrey, Karen Rosenfelt e mais a mesma Meyer son os produtores. A rodaxe escomezaráa finais de ano en Louisiana.