Por fin Portman en Gravity?

0
161

A participación de Natalie Portman en Gravity pasou por fin de ser un rumor a estar xa en pleas negociacións para se unir ao reparto deste thriller de ciéncia-ficción que dirixirá Alfonso Cuaron para a Warner Bros. Pictures e mais a Legendary Pictures.

Ambientada no decurso dunha misión de reparación en órbita, a história vai sobre unha muller astronauta que debe sobrevivir após de que o satélite estoupe e mate ao resto da tripulación. Robert Downey Jr. é o outro protagonista.

Este papel feminino principal nesta produción, que conta cun orzamento de 80 millóns de dólares, ven sendo moi problemático. Agárda-se que a astronauta estea a maior parte do tempo na pantalla, dominando case toda a escena. Angelina Jolie foi a primeira elección dos produtores, pero negou-se dúas veces a aceptar o complicado papel.