A Misión Imposíbel de Sawyer

0
160

Josh Holloway, mais coñecido coma Sawyer na recentemente rematada série de TV Perdidos, ven de se unir ao reparto da nova entrega de Misión Imposíbel na Paramount Pictures.

Holloway interpretaría a un membro da Forza de Misión Imposíbel, a equipa supersecreta de axentes especiais encabezados por Tom Cruise no persoaxe de Ethan Hunt. Holloway úne-se a Jeremy Renner, Paula Patton e Vladimir Mashkov, ademais de a Ving Rhames e Simon Pegg, quen regresan aos seus papeis na saga.

Actualmente a produtora está á procura de localizacións en Vancouver, Praga e Dubai para pdoer escomezar a rodaxe este mesmo outono, todo baixoa dirección de Brad Bird e a produción de J.J. Abrams.