Kartheiser, un pai I'm.mortal

0
211

Vincent Kartheiser (Mad Men, Angel) ven de asinar para un papel na vindeira película de ciéncia-ficción de Andrew Niccol na 20th Century Fox, a New Regency e a Strike Entertainment.

A história, que até de agora levaba o título de traballo de I’m.mortal, está ambientada nunha sociedade onde os seres humanos foron modificados xenéticamente para deixar de envellecer aos 25 anos, polo que o tempo converteu-se na verdadeira moeda do país. Os ricos son prácticamente inmortais, mentres que a maioría da xente debe loitar para se facer con algo de tempo extra.

Justin Timberlake interpretará a un rebelde dun gueto, acusado falsamente de asasinato, e que é obrigado a fuxir, até que se atrincheira nunha casa onde atopa unha rica e fermosa refén (Amanda Seyfried), coa que inícia un apaixoado romance.

Kartheiser fará o papel do pai do peraoaxe de Seyfried, un home obrigado a elixir entre a filla que ama ou o opresor sistema de tempo que o fixo rico. Cillian Murphy e Collins Pennie son os outros protagonistas.

Niccol (Gattaca) dirixe un guión escrito por el mesmo e agarda que a rodaxe poida escomezar antes de rematar o ano, coa produción de Eric Newman e Marc Abraham.