Concedido un escudo de armas a Sir Terry Pratchett

2
335

O College of Arms (Coléxio de Armas británico), o xestor da heráldica no Reino Unido, ven de publicar o escudo de armas concedido a Sir Terence David John Pratchett, o mais salientábel escritor fantástico inglés. O escudo está composto por un ankh (en lembranza do Ankh-Morpork das novelas) con fondo preto entre catro redondeis aspados, e inclúe a lenda Noli timere messorem, “Non temas ao segador”. Na parte superior hai un casco e mais un búho coas alas extendidas.

2 Comentários

  1. Non entendo ben este galego reintegracionista salientabel?Por Deus unha gramatica galega non portuguesa por favor!

  2. O que ten o escudo é un “ankh”, non un “Ankh-Morpork”. Un ankh é un tipo de cruz. Un ankh en prata (branco), por certo, non en sabre (negro), aínda que sí está sobre campo (fondo) de sabre. Por certo: a lenda é moi apropiada, e moi elegante. Alégrome moito por Sir Terence D. J. “Terry” Pratchett.

Comments are closed.