Myst chimpará ao cinema

0
246

A Roserock Films, a Gran Via Productions e mais a Mysteria Film Group unirán as súas forzas para poducir conxuntamente unha adaptación ao cinema da aclamada e popular série de videoxogos da Sunsoft Myst.

Publicado por primeira vez en 1993, converteu-se nun dos primeiros videoxogos (xunto ao non menos famoso The 7th Guest) en aparecer no daquela novidoso formato CD-ROM, e a súa perspectiva de primeira persoa e mais a posibilidade de explorar unha misteriosa illa onde os libros son a chave a distintos mundos (chamados Ages) foi toda unha revolución que o converteu nun supervendas.

No xogo, dous irmáns prisioneiros pelexan sobre quen deles matou ao seu pai, pero o punto principal a favor foi o dos seus espectaculares gráficos, moi avanzados para a época, xunto ao contorno de usuário, moi axeitado polo seu interface guiado polo rato, os crebacabezas e a atmosfera realista.

Myst viu aparecer catro secuelas até 2005 e até a aparición de Os Sims en 2002 mantivo o récord do videoxogo mais vendido da história. O filme planea extender a mitiloxía do primeiro xogo e adaptar elementos das novelas vencelladas á série: The Book of Atrus, The Book of Ti’ana e The Book of D’ni.