A terceira Branca Neves

0
169

Snow White and the Huntsman, unha nova versión do conto de fadas de Branca Neves, ven de atopar por fin un sítio entre os proxectos que están a considerar vários estudos.

O guionista Evan Daugherty, o director Rupert Sanders e mais o produtor Joe Roth están todos vencellados a esta nova versión que se adicará a extender o papel do cazador no clásico conto de fadas, ao que lle ordean levar á Branca Neves ao bosque e mata-la alí. No seu lugar, decide deixa-la marchar e converter-se no seu mentor e axuda-la aprendéndo-lle a loitar e sobrevivir.

Os dous estarán vencellados durante grande parte da película, mentres escapan, pero non será unha relación romántica, porque o príncipe aínda ten o seu lugar e será o namorado da princesa.

Este é o terceiro proxecto sobre Branca Neves que se dá a coñecer nos últimos meses, porque a Disney Pictures está a desenvolver ún de seu titulado Snow and the Seven ambientado na China cando era ainda unha colónia británica, que será dirixido por Francis Lawrence. A Relativity pola súa banda está a desenvolver outro proxecto de seu que conta coa produción de Brett Ratner e un guión de Melisa Wallack.