A invasión de Sam Raimi

0
161

O director da saga de Spiderman, Sam Raimi e mais o produtor de District 9, Bill Block, están a menter conversas negociando a súa entrada nun novo proxecto conxunto, que será un thriller de invasión alieníxena titulado E.D.F. e que será producido polos estudos Warner Bros. Pictures.

A história comezará cun ataque extra-terrestre co que os alieníxenas pretenden probar a fortaleza das defensas terrestres e adicar-se despois a un segundo ataque mais grande dez meses despois. Durante ese periodo entre os dous ataques, os líderes mundiais deberán pensar como loitar conxuntamente contra a invasión que se aveciña.

E.D.F. son as siglas de Earth Defense Force (Forza de Defensa da Terra). Andrew Marlowe (Air Force One) escribiu o guión, mentres que de Raimi non se espera que sexa o director.