Robert Zemeckis é Intemporal

0
183

Vintecinco anos despois de dirixir a clásica triloxía de Back to the Future, o realizador Robert Zemeckis regresará cunha nova história de viaxes polo tempo titulada Timeless e que producirán os estudos Warner Bros. Pictures.

Mike Thompson está a escribir o guión pero os detalles da história ainda fican no segredo. Obviamente, polo título podemos deducir con certeza que o tema irá sobre viaxes no tempo.

Non está claro se este proxecto rodará-se en 3D ou non, pero si se sabe queserá unha longametraxe con actores reais, o que suporá o primeiro filme destas características que dirixa Zemeckis dende que fixera Cast Away e What Lies Beneath en 2000. Dende aquela, os seus tres seguintes filmes foran todos de debuxos animados ou rodados coa técnica de captura de imaxes: The Polar Express, A Christmas Carol e Beowulf.