Paranorman, pantasmas e zombis

0
152

O prometedor actor australián Kodi Smit-McPhee (The Road, Let Me In) será o encargado de lle poñer a voz ao protagonista do filme de debuxos animados da Laika Entertainment Paranorman. O protagonista será un rapaz chamado Norman que pode ver pantasmas e debe salvar ao mundo dunha invasión zombi. A Laika foi a compañía responsábel do exitoso filme do ano pasado Coraline.