Reino Máxico da Disney

0
203

Tal e coma demostraron The Country Bears e mais a primeira encarnación de The Haunted Mansion, non todas as atraccións dos parques temáticos da Disney poden ser versionados á pantalla grande co mesmo éxito da franquía dos Piratas do Caribe.

Pero iso non fai desmaiar aos directivos da empresa de entretimento, e así entre os futuros plans da Walt Disney está o de combinar várias atraccións nunha soa película. Concretamente en “Magic Kingdom”, unha aventura familiar semellante á dos filmes de Noite no Museo pero ambientada nos confíns do seu parque temático en Florida.

O creador da série orixinal de Battlestar Galactica Ronald Moore escribira hai xa algún tempo un guión para este proxecto, que daquela estaba ambientado en Disneylándia. Os estudos agora están á procura dun novo guionista que desenvolva a propriedade, que podería axuntar a un bó feixe de persoaxes Disney nunha soa película, ao xeito no que a Marvel quere facer cos seus superheroes en Os Vingadores.

Polo de agora o proxecto non é considerado coma unha prioridade de alto nivel, pero vários directivos están sobre o mesmo e queren que se faga de todos os xeitos. Marc Abraham e Eric Newman están xa na produción.