Winona Ryder, nai de Spock

893

A actriz Winona RyderWinona Ryder ven de ser contratada para facer o papel de nai do mozo Spock (Zachary Quinto) no vindeiro filme de Star Trek que dirixirá J.J. Abrams.

Se o filme de Abrams segue a mitoloxía xa establecida pola série de televisión e polos anteriores dez filmes para o cinema, Ryder interpretaría a Amanda, a muller humana que casa co pai vulcaniano de Spock, Sarek. Na série orixinal, Amanda fora interpretada pola veterana actriz Jane Wyatt.

Esta nova longametraxe sobre o universo de Star Trek conta cun guión de Alex Kurtzman e Roberto Orci e vai tratar sobre os primeiros días da tripulación na nave estelar U.S.S. Enterprise.