The Keep, adaptada ao cinema

354

The KeepA Rogue Pictures ven de se facer cos dereitos do guión de Ehren Kruger The Keep, unha adaptación da novela sobrenatural homónima de Jennifer Egan; Kruger será tamén o produtor.

O thriller vai sobre un misterioso prisioneiro que seduce a unha muller local que posúe un segredo sobrenatural que pode transformar a súa vida.

O produtor residente en Praga Matthew Stillman fíxo-se cos dereitos do libro de Egan, unha continuación de Look at Me, en 2006 para que Kruger a adaptase antes de vende-la aos estudos.

Entre os créditos de Stillman están Casino Royale, O Ilusionista e Van Helsing, todas elas rodadas na República Checa.