O Hobbit xoga co lume

798

Após dos seus problemas financeiros, da fuga do seu director e da ameaza de folga, o único que lle quedaba á adaptación de O Hobbit ao cinema era un incéndio. E iso é o que lle aconteceu o pasado venres, cando escomezou un lume no estudo de minuaturas de Portsmouth en Nova Celándia, que destruiu por completo unha das escasas instalacións adicadas ás miniaturas do mundo do cinema.

Mais de cincuenta bombeiros foron precisos para poder dominar o lume após de tres horas, que deixaron coma consecuéncia un almacén queimado que xa non será posíbel recuperar de ningún xeito.

As novas chegaron pouco despois de que se soubera que os estudos estaban por acadar un acordo que dera luz verde ao proxecto, ainda baixo a ameaza de falla de cartos dado que unha das pezas chaves da produción, a MGM, está na creba financeira dende hai meses.

Segundo o acordo, os dous filmes serían rodados ao mesmo tempo cun orzamento duns 500 millóns de dólares, dos cales xa se levan gastados mais de 45 na preprodución. A estrea podería estar lista asemade para o nadal de 2012 e de 2013.

O pasado domingo o problema da ameaza de folga tivo que contar coa mediación do mesmísimo Primeiro Ministro de Nova Celándia, John Key, quen ofreceu a axuda do seu governo para tentar chegar a un compromiso entre as partes implicadas.

Key ten coma é lóxico moito interese en que o filme sexa rodado no seu país, pero xa hai após del moito candidatos dispostos a acoller á produción: Austrália, Canadá, Escócia e Irlanda xa amosaron o seu desexo de se converter en sustitutos se non se pode resolver o problema legal.