Wonder Woman na tele

0
197

O creador de séries de televisión coma Boston Legal, The Practice e Ally McBeal David E. Kelley será o encargado de escribir e producir unha nova versión para a pequena pantalla da clásica superheroína da DC Comics Wonder Woman para a Warner Bros. Television e mais a DC Entertainment.

Polo de agora non se co;ecen mais detalles da história e non está claro que encarnación do persoaxe veriamos. Ao longo dos últimos anos xa houbo moitos intentos de levar ao cinema o persoaxe, pero ningún deles chegou a bo porto.

Tampouco está claro que canle emitiría a série, pero un bó candidato sería a Warner TV, que actualmente emite a décima e derradeira tempada de Smallville.