Lincoln Cazavampiros

0
192

A 20th Century Fox ven de se facer cos dereitos para o cinema da novela gráfica de Seth Grahame-Smith Abraham Lincoln: Vampire Hunter.

Tal e coma se anunciara previamente, o realizador de Wanted, o ruso Timur Bekmambetov, será o encargado de dirixir, mentres que Tim Burton porá os cartos sobre a mesa para esta longametraxe en 3D, que conta cun orzamento de 69 millóns de dólares e xa se atopa na fase de preprodución.

A história propón que a nai de Lincoln foi asasinada por un vampiro, iniciando nel a súa paixón por matar a estar criaturas. Coma resultado, o presidente dos Estados Unidos é un cazavampiros altamente sofisticado e que tan só desexa vingar-se  mentres continúa o seu cami;o cara á Casa Branca.

O mesmo Grahame-Smith adaptará o guión. A rodaxe dará comeza o ano que ven e a estrea está prevista para 2012, coa produción de Jim Lemley.