Stone é Gwen Stacy

0
198

A Sony Pictures ven de facer oficial a través dun comunicado de prensa que Emma Stone (Zombieland) úne-se ao reparto do relanzamento no cinema de Spiderman, rematando asemade con semanas de rumores.

Nun movemento que tomou por sorpresa a case todos os médios, a Sony confirmou que Stone será a coprotagonista do filme, interpretando a Gwen Stacy e non a Mary Jane Watson, o persoaxe co que estaba a ser vencellada ao longo desta semana. Os novos filmes contarán asi pois con Peter Parker (Andrew Garfield) namorado de Stacy, a súa loira compañeira de clase e estudante científica.

O que ainda non sabemos é se rematará igual ca nos cómics ou se haberá algún outro xiro inesperado no mundo do cinema para Gwen.