Unha Rapace para Alien

797

Noomi Rapace, a protagonista da versión sueca (a orixinal) da saga de Millennium, semella ser arestora a máxima favorita de Ridley Scott para o papel de protagonista feminina na súa vindeira série de precuelas de Alien que producirá a 20th Century Fox.

Contan que Rapace leva xa mais dunha xuntanza con Scott, e que deixou unha moi forte impresión no director. Carey Mulligan e Gemma Arterton son polo de agora as outras dúas candidatas e que xa mantiveron tamén xuntanzas co realizador.

Noomi Rapace ven de asinar para facer un papel de xitana na vindeira Sherlock Holmes 2, e non tería ningún problema de axendas para participar nos filmes de Alien, onde moitos afeccionados xa a comezan a ver coma a seguinte Sigourney Weaver.

Nos últimos informes recebidos da produción, os filmes semellan estar pasando por algún problema financeiro xa que Scott quere contar cun orzamento de 250 millóns de dólares e dirixir-se a un público mair de 18 anos, mentres que a Fox quere unha saga mais barata e para maiores de 13 anos.