Novo guionista para Oz

0
179

O guionista teatral gañador dun prémio Pulitzer David Lindsay-Abaire será o encargado de reescribir o guión para o filme Oz: The Great and Powerful na Disney Pictures.

Ainda que non está oficialmente vencellado ao proxecto e mesmo rexeitara o papel previamente, o actor Robert Downey Jr. é ainda o favorito dos estudos para protagonizar esta longametraxe que vai sobre o encargado dos animais nun circo que é transportado misteriosamente ao País de Oz e alí converte-se no meigo epónimo, governador da Cidade Esmeralda.

Mitchell Kapner escribira o boceto prévio do guión, que é tan só ún dos alomenos média dúcia de proxectos baseados na clásica saga literária creada por L. Frank Baum e que están arestora a se desenvolver, incluindo un musical, un musical con debuxos animados, un filme con debuxos animados xerados por computador, unha versión mais escura e sinistra, e unha secuela do filme orixinal de 1939.

A contratación de Lindsay-Abaire fai que este proxecto se adiante un pouco ao resto e pase a se desenvolver mais axiña do agardado. Oz: The Great and Powerful podería ser oficialmente nunhas semanas o seguinte proxecto do director da triloxía de Spiderman, Sam Raimi, quen escomezaría a rodar a princípios do ano que ven. Deste xeito, os plans de Raimi de se adicar á versión para o cinema do videoxogo World of Warcraft deberán-se adiar unha vez mais, alomenos até que remate con Oz.