A Ghost House Pictures ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre a novela do escritor de novelas de suspense e terror R.L. Stine The Sitter e xa planean facer unha adaptación nas pantallas grandes titulada Au Pair.
A história vai sobre unha muller nova que fuxe dunha relación na que estaba a sofrir abusos e convérte-se en canguro dunha próspera família nas Montañas Hampton. Alí atopará a Brandon, un neno de 4 anos que leva meses sen poder falar, pero que ten un riso frío e diabólico que fai pensar que está enmeigado. Pero a história dará un xiro a pior cando descubra un segredo que a pon a ela mesma e mais aos nenos aos que ten que cuidar nun grave perigo.
Dana Stevens adaptará o guión, mentres que Sam Raimi e Robert G. Tapert (donos da Ghost House), Sean Furst e Bryan Furst serán os produtores.