O filme de Pepe Le Pew

0
203

A Warner Bros. Pictures está a desenvolver un filme que combinará a acción real e mais os debuxos animados xerados por computador, coa mesma fasquía ca Alvin e os Esquíos, pero esta vez protagonizado por Pepe Le Pew, a mofeta francesa namoradiza que aparece nos debuxos animados da Looney Tunes e que en España é coñecida coma “sorrillo Pepe Lamur“.

Mike Myers porá-lle a voz ao fedorento animal que protagonizou unha dúcia de curtas animadas dos estudos e que terá a súa oportunidade de ser a estrela nesta versión para a pantalla grande, na que coma é habitual, perseguirá a Penelope Pussycat, a gata muda obxecto dos seus amores. Todo o demais no filme será con actores de carne e óso.

A película é parte da nova estratéxia dos estudos para reforzar os seus persoaxes clásicos dos Looney Tunes.