Adestra mais ao teu dragón

935

Non debería ser unha grande sorpresa para ninguén que a DreamWorks Animation estea desexando facer unha secuela do seu grande éxito do ano, How to Train Your Dragon, e que xa chegara a un acordo con todos os actores de dobraxe que emprestarán as súas voces aos persoaxes.

Jay Baruchel, Craig Ferguson, America Ferrera, Jonah Hill, Christopher Mintz-Plasse, T.J. Miller e Kristen Wiig repetirán todos eles os seus papeis. Ainda que Dean DeBlois e Chris Sanders co-escribiron e co-dirixiron o primeiro filme, esta vez DeBlois será o encargado de ambas tarefas en solitário, mentres que Sanders ficará a bordo do proxecto pero só como produtor executivo.

Até agora a Dreamworks Animation sempre semellou mais interesada nos benefícios no despacho de billetes ca na narración de boas histórias, cousa que deixaban para os creativos da Pixar na Disney. Pero Como adestrar ao teu dragón modificou esta percepción entre o público, que axiña considerou este filme coma unha obra mestre da anmación, acadando excelentes críticas entre os xornalistas especializados e por suposto sen esquecer que xa leva recadados 489,6 millóns de dólares en todo o mundo polo de agora.

O primeiro filme é unha espécie de precuela á série de nove libros da escritora Cressida Cowell nos que se basea a propriedade. Como resultado, hai unha chea de material ainda dispoñíbel para explotar e expander a história a o mais posíbel.

O lanzamento da segunda parte espéra-se para primeiros de 2013.