Martin Freeman en Animals

0
207

O actor británico Martin Freeman (Sherlock, The Office, Love Actually) ven de asinar oficialmente o seu contrato para participar no filme fantástico Animals para a Escandalo Films.

Freeman interpretará a un profesor de instituto neste filme, que será dirixido polo debutante catalán Marçal Forés. O actor estivo a fin de semana en Barcelona para escomezar cos ensáios e regresará dentro de seis ou sete días para o tempo que dure a rodaxe, que se estima en oito semanas.

Augustus Prew e Dimitri Leonidas tamén formarán parte do elenco de actores deste proxecto, que comezará a se filmar o luns que ven entre Barcelona e os Pirineus. Forés, Aintza Serra e Enric Pardo escribiron o guión.

Freeman leva tempo na boca dos afeccionados porque moitos considérano o actor ideial para interepretar a Bilbo Bolseiro na vindeira entrega de filmes d’O Hobbit, pero hai moitos problemas de axenda polo médio: primeiro debe rematar a súa participación na série de televisión da BBS Sherlock, e ademais ainda non se sabe se O Hobbit chegará rodar-se ou non.

O que está claro é que as posibilidades de que Freeman protagonice O Hobbit non van medrar co tempo. O director Peter Jackson dixo a semana pasada que “non estamos nunha situación diferente da doutros informes ou conversas. Ainda non temos luz verde. Ainda estamos a agardar… só hai unha cousa que queres crér, e é cando os estudos darán a luz verde“.