A longamente agardada cuarta entrega da saga de Mad Max dirixida por George Miller ven de atopar un obstáculo no seu camiño. Orixinalmente destinada para escomezar a rodaxe nos arredores de Broken Hill no estado australián de Nova Gales do Sul, a produción ven de se cancelar e a rodaxe adiada até febreiro de 2012.
A pre-produción tamén foi posta en espera e non recomezará até agosto ou novembro do ano que ven. Ainda non se sabe se isto afectará ao reparto dos dous filmes que se ían rodar conxuntamente. O primeiro deles xa contaba cun argumento, no que un convoi de mulleres coñecidas coma as Cinco Viúvas precisaban a protección durante unha viaxe, que lles outorgaría Max Rockatansky (Tom Hardy). Charlize Theron, Nicholas Hoult, Riley Keough, Zoe Kravitz e Adelaide Clemens ían ser as protagonistas.
Este atraso debe unir-se ao quexa houbo en xullo, cando as choivas deixaron o deserto convertido nunha rexión demasiado fértil para o que se agardaba na rodaxe. Este novo parón é considerado abraiante para case todos, dado que xa se rodaran algunhas pequenas escenas e se construiran váriso vehículos para o deserto.
Ainda que non hai explicación oficial para o atraso, considéra-se que a caída do dólar americano, fortemente devaluado con respecto ao dólar australián, é a razón principal da decisión. Cando se escomezou o proxecto, ambas moedas estaban case á par, pero nuns poucos meses o dólar americano caíu nun pozo que podería facer que se disparen os orzamentos iniciais.
As novas non podían chegar en peor momento para a indústria australián do cinema, que medrou grazas aos prezos baratos que atraíron ás produtoras estranxeiras. E a recente disputa sindical que mantén na folga aos actores de O Hobbit non está a axudar precisamente.