Potter non será 3D

0
202

A Warner Bros. Pictures ven de facer públicos os seus plans para esquecer o lanzamento da primeira entrega de Harry Potter and the Deathly Hallows en 3D, optando no seu lugar por un filme convencional e mais polo formato dos cinemas IMAX.

Nun comunicado oficial dos estudos, declaran que a razón é que “non poderemos ter unha versión completa en 3D do filme dentro da data de estrea. Mália os millores esforzos de todo o mundo, non puidemos converter o filme ao formato 3D completamente e cos estándares de cualidade requeridos. Non queremos decepcionar aos fans que levan moito tempo agardando a conclusión desta extraordinária viaxe“.

As novas non deberían abraiar a ninguén. Após do éxito de Avatar, todos os estudos chimparon ao carro das 3D, coa Warners encabezando a nova tecnoloxía e coa intención de rodar directamente nela ou de pasar as rodaxes convencionais a 3D posteriormente. Pero cando a moda pasou, grazas entre outras cousas ao fracaso da mesma Warners con Clash of the Titans, todo o mundo decatou-se do pésimas que poden ser as conversións “a posteriori”.

Os mesmos resultados obtiveron filmes coma Alice in Wonderland e The Last Airbender, combinados con prezos desorbitados para as entradas, o que fixo que o 3D sexa símbolo sobre todo de prezos caros e non sempre de calidade acorde con ese prezo.

Mália todo, os estudos ainda queren sacar a segunda parte de Harry Potter and the Deathly Hallows en 3D, ademais de en 2D en en formato IMAX.