Rhys Ifans será o Lagarto

0
220

Rhys Ifans será o novo supervilán no relanzamento de Spiderman na Sony Pictures e a Marvel Studios.

Nunha conferéncia de prensa dos estudos, o presidente da Columbia Pictures Matthew Tolmach dixo que “após de ver a súa interpretación no noso vindeiro filme ‘Anonymous’, estamos enmeigados co seu talento e coidamos que é a elección perfecta para este papel“.

Ainda que os realizadores preferiron non revelar que vilán concreto será o que interprete Ifans neste filme, xa se sabe que será o do Lagarto. Nos cómics, o Dr. Curt Connors é un cirurxán de Florida que perde un brazo durante un servizo no exército, e cando regresa á vida civil escomeza unha série de investigacións con lagartos para que lle medre outro brazo. Pero os experimentos saen mal e convérte-no a el nun letal lagarto xigante.

Dylan Baker fixo o papel de Connors nas anteriores versións dirixidas por Sam Raimi, onde foi reconvertido no profesor de física de Peter Parker na universidade, se ben o actor nunca tivo a oportunidade de facer a versión reptilián do persoaxe.

Polo de agora, Ifans súma-se a un reparto no que xa figuran Andrew Garfield coma Peter Parker e Emma Stone coma Gwen Stacy.