Flash móve-se rápido

0
204

Os guionistas de Green Lantern Marc Guggenheim, Michael Green e Greg Berlanti entregarán en decembro o seu libreto final para o argumento do filme The Flash na Warner Bros. Pictures.

O trío will ademáis encargará-se de lle dar un novo tratamento á secuela de Green Lantern ao mesmo tempo. Ainda non se coñece quen será o director de The Flash pero os rumores apuntan ao mesmo Berlanti, quen non ten moi claro o tema.

Unha fonte interna afirmou que “el non quere ser o director porque quere facer algunha cousa que non sexa tan grande antes de intentar unha cousa así. Se á Warner Bros gusta-lle o guión e quere que el o dirixa… Ben, iso é unha chea de “ses”. E todo iso é dubidoso se eles non aceptan o guión. Lanterna Verde non foi real até que os estudos colleron o guión“.

Agárda-se que Flash sexa o seguinte superheroe da DC en pasar polas pantallas grandes após de Lanterna Verde, Batman 3 e o relanzamento de Superman.

O que si se escoita é un rumor segundo o cal Bradley Cooper estaría en consideración para o papel principal en Flash, o cal sería toda unha ironía, porque Cooper ía interpretar a Lanterna Verde pero perdeu o papel fronte a Ryan Reynolds, mentres que Reynolds ía facer orixinalmente o papel de Flash.