Potter será 3D en Blu-ray

835

Ainda que a Warner Bros. Pictures xa decidiu non lanzar a primeira parte de Harry Potter and the Deathly Hallows en 3D, os estudos iniciaron xa as conversións a 3D de dous dos seus prévios filmes na saga: Harry Potter and the Order of the Phoenix e Harry Potter and the Half-Blood Prince.

Prime Focus, a empresa que se adicou á conversión en 3D do filme Clash of the Titans, será a responsábel de pasar ao novo formato estes dous títulos. Ainda que a súa laboura cos titáns foi moi criticada afirman que se debeu ás presas coas que tiveron que afrontar a tarefa, e que agora xa non aceptan traballos para rematar en pouco tempo, polo que a conversión será coidadosa e metódica.

Debido aos compromisos do director David Yates para rematar ambas partes de Deathly Hallows, el non poderá prestar unha atención total ás conversións até o ano que ven. Os estudos non queren discutir sobre datas concretas de entrega, o que lles permitirá manter as suas opcións abertas e gastar tempo extra se é preciso para estas cnversións.

A Warner quere agora vender a ideia de que mais que un paso atrás no formato 3D, a súa decisión de non lanzar en 3D a primeira parte de Deathly Hallows será a que salve ao formato da súa desaparición, xa que preferiron optar por “non 3D” no canto de face-lo por un “mal 3D”, o que obrigará a outros estudos a facer unhas películas en 3D cada vez mellores.