Portman favorita para Alien

0
192

Seica Natalie Portman é actualmente a favorita para protagonizar a precuela de Alien, o que une o seu nome a unha lista moi curta, xa que a outra candidata é Noomi Rapace. O filme será dirixido por Ridley Scott a partir dun guión de Jon Spaihts.

O co-creador da série de TV Perdidos, Damon Lindelof, entrou neste proxecto coa ideia de reescribi-lo e seica ven de entregar un novo guión que namorou aos estudos, porque evita engadir demasiadas secuéncias con efectos especiais e permite que o filme fique na calificación de para maiores de 13 anos, mália ser tan violento coma o orixinal de 1979.

Nestes intres a maioría dos problemas no proxecto son debidos ao orzamento: Scott quere contar con 150 millóns de dólares para facer o filme mentres que os estudos queren rebaixar esa cifra. Os detalles do argumento ainda están no segredo pero se sabe que a história acontecerá 35 anos antes de que Ripley, Dallas e a tripulación do Nostromo chegue por primeira vez á nave alieníxena estrelada en LV-426.