Muppets para adultos

0
193

A Lionsgate ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre a comédia-thriller para adultos Happytime Murders.

A história está ambientada nun mundo onde os humáns e mais os bonecos co-existen, e no que os bonecos son cidadáns de segunda clase. Cando os bonecos que formaban o reparto da série para nenos dos anos 80 The Happytime Gang comecen a ser asasinados un tras outro, un boneco ex-policía de Los Angeles, actualmente detective alcoólico e caído en desgraza, fai-se cargo do caso xunto ao seu compañeiro humán.

Brian Henson, fillo do lendário creador dos “Muppets” (Os Telenecos) Jim Henson, será o director a partir dun guión de Todd Berger. O mesmo Henson será o produtor xunto á súa irmá Lisa Henson.

A rodaxe podería escomezar xa en xaneiro, dependendo de cando se poida contratar ao protagonista que faga o papel humán principal.