Evans e Eve en Raven

0
219

O prometedor actor inglés Luke Evans (Clash of the Titans) e mais a guapa Alice Eve (She’s Out of My League) poderían-se unir axiña ao elenco de protagonistas do thriller que adaptará ao cinema os derradeiros días da vida de Edgar Allan Poe en The Raven para a Intrepid Pictures e mais a FilmNation.

Ambientada en Baltimore en 1849, Evans faría papel dun detective que se une ao famoso autor gótico interpretado por John Cusack na procura dun asasino en série que ven de secuestrar á prometida do escritor (Eve) e que escomezou unha série de crimes que tentan imitar a obra de Poe.

Evans sustitúe ao protagonista de The Hurt Locker Jeremy Renner, quen semellaba que se ía facer co papel, pero que preferiu marchar con Tom Cruise na cuarta entrega de Misión Imposíbel.

James McTeigue dirixe mentres que Travor Macy, Marc Evans e Aaron Ryder son os produtores. A rodaxe escomezará o vindeiro 9 de novembro en Budapest e Sérbia.