Tom Hardy podería estar en Batman

0
145

Co adiamento da rodaxe de Mad Max: Fury Road para os vindeiros 6 ou 12 meses, a axenda do prometedor actor inglés Tom Hardy ven de ficar liberada de súpeto e os rumores xa o incorporan á vindeira secuela de Batman. O director Chris Nolan traballou con Hardy en Inception e seica quere contar con el para o seu novo filme, onde o papel concreto que faría é ainda un segredo, pero non será o dun supervilán.