Luz verde para o Hobbit?

0
203

Semella que xa só a ameaza da folga de actores en Nova Celándia pode evitar que a rodaxe de O Hobbit escomece en febreiro.

Segundo fontes internas dos estudos, a Warner Brothers e mais a MGM veñen de rematar o seu acordo para financiar a parella de filmes baseados na clásica obra de J.R.R. Tolkien baixo a dirección de Peter Jackson, o que deixaría como único obstáculo a devandita folga, que se producirá se tal e coma advertiron os sindicatos, non se respectan os convénios colectivos dos actores.

Os estudos xa ameazaron que caso de non se chegar a un acordo cos sindicatos, moverán a rodaxe fóra de Nova Celándia a outro país, co que habería que redeseñar completamente os orzamentos, que xa levan consumidos vários cento de millóns de dólares, e o filme sofriría outro parón inevitábel.

Os voceiros da New Line Cinema e da Metro declinaron facer comentários, o mesmo cós do Sindicato de Actores dos Estados Unidos (Screen Actors Guild), que está a prestar o seu apoio aos compañeiros novacelandeses.