Wahlberg Vs. Osiño Teddy

735

O actor Mark Wahlberg (The Happening) está en conversas para se facer co papel protagonista da vindeira comédia clasificada “R” (para maiores de 18) de Seth MacFarlane Ted que producirán a Universal Pictures e mais a Media Rights Capital.

O filme misturará acción real con gráficos xerados por computador cun orzamento total de 65 millóns de dólares (46 millóns de euros) e vai sobre un home (Wahlberg) cuxo osiño Teddy da nenez volve á vida e se inmiscúe no médio dunha relación coa súa moza. MacFarlane, que escribiu o guión xunto a Alec Sulkin e Wellesley Wild, fornecerá ao boneco xerado por computador coa súa voz.

Unha boa pista de que a pegada dos guións de Pedro Almodóvar é cada vez mais evidente en Hollywood son os outros persoaxes da película: un racista homosexual, un tipo con fasquía de xudeu pero con puntos de vista antisemitas e unha muller obsesionada con que os homes afeiten o burato do cú.