Seica o filme d’Os Vingadores non será o único lugar onde axiña veremos unha vez mais a Hulk no futuro próximo, porque a canle de televisión ABC e mais a Marvel TV estána escomezar unhas negociacións coa ideia de desenvolver unha série de televisión con actores reais e co monstro esmeralda como protagonista, coa posibilidade de extender o acordo a outros superheroes da Marvel.
Ainda non hai datas para a chegada desta nova série ás pequenas pantallas, se ben ambas empresas queren tomar-se o seu tempo para que todo saia ben.
Entre outros posíbeis títulos da Marvel dos que xa se escomeza a falar para levar asemade á tele están os de Heroes for Hire, The Eternals, Agents of Atlas, Alter Ego, Moon Knight, The Red Hood, Ka-Zar, Daughters of the Dragon e mais unha série sobre The Punisher (O Castigador) que aparecería na televisión por cabo.
As novas chegan pouco despois de que soubéramos sobre a série para a televisión sobre Wonder Woman que producirá David E. Kelley para a Warners Television. Tanto Wonder Woman coma Hulk son ainda persoaxes coñecidos grazas ás séries de televisión que protagonizaron nos anos 70, e se ben a amazona non puido chegar ao cinema o xigante verde si que o fixo, con críticas non totalmente positivas.