Margaret Atwood, Príncipe de Astúrias das letras

943

Margaret AtwoodA escritora canadiana Margaret Atwood obtivo o día 25 o prémio Príncipe de Astúrias das Letras por unha obra que explora diferentes xéneros “con agudeza e ironía” e asume “intelixentemente” a tradición clásica dende a defensa da dignidade das mulleres e a denúncia das inxustizas sociais.

A candidatura de Atwood, presentada polo director xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas do Ministério de Cultura español, Rogelio Blanco, chegou á derradeira votación xunto á do autor español Juan Goytisolo, e converteu-se na primeira muller galardonada na actual edición dos prémios Príncipe de Astúrias.

Margaret Atwood, que obtivo en 2000 o Booker Prize, publicou vários poemários e é autora de máis de vinte obras de fición, entre elas a distopía O conto da criada, unha crítica feroz á sociedade totalitaria; O asasino cego, Ollo de gato e Rexurdir, incluida polo crítico Harold Blomm no seu libro sobre as millores obras que forman o canon occidental.

Intimista, irónica, reivindicadora da loita da muller e dos dereitos humanos en xeral, Atwood colabora intensamente con Amnistía Internacional, dende onde defendeu os dereitos territoriais dos índios Mohawks, e o seu nome soou nos últimos anos para recebir o prémio Nobel de Literatura.

Incondicional dos escritores franceses do século XIX, coma Flaubert, Zola ou Guy de Maupassant, os clásicos rusos ou Cervantes, Atwood nutriu-se deles para diseccionar as relacións humanas coma se fora un entomólogo, profesión que exerceu o seu pai na Universidade de Toronto, pero aplicando a sua fina ironía, o seu humor e grandes doses de mistério e psicoloxía.

Margaret Atwood, que escribe en inglés e francés e foi traducida a máis de trinta idiomas, tamén levou algunhas das suas novelas ao cinema e ao teatro, coma A muller comestíbel (1969), O conto da criada (1985), que tamén se convirtiu en ópera; Alice Grace e O asasino cego, entre outras.

Após de facer público o fallo do galardón, o director da Real Académia Española (RAE) e presidente do xurado, Víctor García de la Concha, amosou a sua satisfacción “sen reservas” pola concesión do prémio a “unha novelista de valía universalmente recoñecida“.

Nombergantes, admitiu que tanto el coma outros membros do tribunal preferían conceder o galardón a un escritor en língua española dado que, após da súa internacionalización, no recaiu en ningún dende que o guatemalteco Augusto Monterroso o obtivo en 2000.

Os prémios Príncipe de Astúrias están dotados con 50.000 euros e mais a reprodución dunha estatuiña deseñada por Joan Miró.