Robert De Niro e Sigourney Weaver están vencellados para os papeis protagonistas do vindeiro thriller psicolóxico Red Lights na Versus Entertainment.
Weaver interpretará a unha psicóloga cuxos estudos sobre as actividades paranormais a conducen a un famoso vidente (De Niro) e a algunhas revelacións abraiantes.
O director de Buried, o español Rodrigo Cortés, será quen dirixa un guión de seu. Cortés será tamén o produtor xunto a Adrián Guerra, nunha rodaxe que os levará ao longo das vindeiras nove semanas por diversas localizacións en España e Canadá.