Paul Verhoeven en Eternal

807

O director holandés Paul Verhoeven (Desafío Total) será o encargado de realizar o thriller sobrenatural Eternal na Sidney Kimmel Entertainment.

A história vai sobre un alcoólico en recuperación que coida que a súa muller está a engana-lo, cando se decata de que “a outra muller” é unha pantasma que está a procurar a súa alma. Richard D’Ovidio reescribirá o guión orixinal de David Loughery (Obsessed).

Kimmel, John Penotti, Peter Block e Charles Segars serán os produtores. A rodaxe escomezará a mediados do ano que ven, posíbelmente en canto Verhoeven remate a súa adaptación do drama histórico de Louis Couperus Hidden Force.