Remake de "Rocky Horror"?

0
173

Ainda que a febre dos remakes está en aumento, mesmo os estudos que miran mais polos cartos deberían pensar un par de veces antes de se decidir a rodar outra vez unha película que xa no seu primeiro intre foi perfecta (ou case).

Pois ben, seica ninguén lle deu este consello á Fox 2000, que están a preparar unha nova versión do musical clásico de culto The Rocky Horror Picture Show, un filme de 1975 para cuxo remake queren contar co creador de Glee, Ryan Murphy, para que dirixa o filme.

Baseado nun musical orixinal de Richard O’Brien, que de por si foi un éxito mundial e que contou e segue a contar con novas versións e estreas nas últimas catro décadas, The Rocky Horror Picture Show ten o récord absoluto de permanéncia nos escenários na história do cinema, e ainda seguer a ser reestreada non poucas veces en moitos lugares, onde a asisténcia é mais ca salientábel.

Tim Curry, Susan Sarandon e Barry Bostwick protagonizaron o filme, unha comédia de ciéncia-ficción baseada mais ou menos no mito de Frankenstein, pero misturada con abonsodas doses de liberación sexual, estilo camp, rebelión, travestismo e simple e sán diversión.

Este mes, o filme cumpre 35 anos e co gallo do acontecemento lanzará-se unha versión especial en Blu-ray.