Prexuizo e Zombis resucita

0
185

A adaptación ao cinema que se está a planear da novela de Seth Grahame-Smith Orgullo e Prexuízo e Zombis semella que terá unha nova oportunidade após de que case se lle dera por morta hai uns días.

A princípios deste mes informou-se que o director David O. Russell abandoara oficialmente o proxecto da Lionsgate por mor de conflitos coa axenda de Natalie Portman, quen ía protagonizar e producir a longametraxe. E pouco despois, informou-se que a mesma Portman deixara tamén a película, que xa non protagonizaría. Nese punto, semellaba que había poucas esperanzas para escomezar a rodar.

Agora os rumores din que Mike Newell (Prince of Persia, Harry Potter and the Goblet of Fire) é a nova baza dos estudos para sustituír a Russell na cadeira de director, mentres que xa se sondean outros nomes por se Newell non quixera ou non puidera facer-se cargo do proxecto. Entre os outros directores soan os nomes de Neil Marshall (The Descent) e David Slade (The Twilight Saga: Eclipse).

Antes de abandoar, seica Russell tiña a intención de contar con Scarlett Johansson e Bradley Cooper para os papeis principais de Elizabeth Bennet e Mr. Darcy. A Lionsgate afirma que ainda non ten idea de quen serán os actores protagonistas, pero todo semella indicar que Mia Wasikowska, Tilda Swinton e Catherine O’Hara están a seren considerados para os papeis de Elizabeth, Lady Catherin e Mrs. Bennett respectivamente.