Snyder fala de Superman

729

Mentres participaba nunha rolda de prensa para promocionar o seu recente filme Legend of the Guardians en Europa, o realizador Zack Snyder revelou novos datos sobre o seu vindeiro proxecto, Superman.

Preguntado sobre se lle gustaría rodar o filme en 3D Snyder dixo que “ainda é moi cedo para dici-lo“, e engadiu que ainda que a súa encarnación favorita de Superman é a dos filmes de Richard Donner protagonizados por Christopher Reeve, non quere ficar un escravo dese material: “É difícil non gustar, son estupendos, pero non coido que isto teña ren que ver con ningún deles“.

Asi mesmo, confirmou os rumores sobre o posíbel filme cando revelou que “tal e coma xa expliquei, o filme enfocará-se nos primeiros días de Superman, así que non haberá ligazóns con outros filmes. Isto non vai ser un remake“.

E tampouco debemos agardar que as mellores histórias do cómic inflúan no argumento no cinema: “ainda que non podo dicir ren do guión, podo asegurar que este novo Superman non estará baseado en ningún cómic en particular“.