Hellraiser renace

0
192

Hai algúns conceptos cinematográficos que simplemente non se poden rebaixar para face-los mais amigábeis para os xóvenes adolescentes, e a franquía Hellraiser de Clive Barker, tan chea de sangue e vísceras, é un deses conceptos.

Nombergantes, seica a produtora The Weinstein Company non ten a mesma impresión, porque veñen de contratar os servizos de Christian E. Christiansen (The Roommate) para que dirixa unha versión “para maiores de 13 anos” da popular saga de cinema gore, na que a guapa Amber Heard sería a protagonista.

En anteriores informes, Pascal Laugier xunto a Alexandre Bustillo e Julien Maury figuraban vencellados a esta produción coma posíbeis directores. En todo caso, cómpre non confundir este proxecto co recentemente aprobado Hellraiser: Revelations que aparecerá directamente no mercado do DVD o ano que ven grazas ao guionista de Drive Angry 3D Todd Farmer e mais o director Patrick Lussier, quen veñen de seren seleccionados coma a parella que revivirá o lado mais escuro da franquía de Hellraiser.

O filme orixinal de 1987, que dirixiu Clive Barker baseándo-se no seu própio libro The Hellbound Heart, narraba a história dunha esposa infiel que tentaba axudar ao seu amante morto a fuxir do inferno.

Pero aquel filme sobre todo é relembrado por presentar-nos aos demoníacos cenobitas e mais ao seu líder Pinhead, todo un clásico persoaxe do xénero de terror. As creaturas, fabricadas de goma e de maquillaxe flexíbel, aparecen na história cando son invocadas a través dunha antiga e sinistra caixa-puzzle.

Agárda-se que o relanzamento da série conte a história da orixe dos cenobitas.